A Xira Galega de Kartíng estará en Narón no ano 2012 e será un dos atractivos englobado dentro da celebración do 25º aniversario do Ralli automovilístico de Narón que organiza a Escudería Siroco-Team de Piñeiros. Falamos con Natalia Hermida, responsable de deportes do Concello de Narón. Natalia está ilusionada co evento automovilísticos xa que é un dos mellores de Galicia por non dicir o mellor do Campionato Galego de Rallis. A concelleira e os traballadores e funcionarios do Padroado de Deportes e do Concello xa traballan na oferta municipal para este nadal. “O ano pasado puxemos en marcha o programa DEPORNADAL, que tivo moito éxito. Falamos dun conxunto de actividades lúdico-deportivas con hábitos saudabeis para os cativos durante o periodo vacacional de Nada”, explícanos a edil. “Búscase compaxinar a vida laboral e familiar dos país e os cativos coas vacacións docentes dos últimos”. O ano pasado a experiencia foi un éxito como nos recalca a concelleira. “Tivemos preto de 150 participantes e este ano esperemos superar estas cifras” afirma Natalia Hermida.
A actividade do DEPORNADAL está orientada a nenos e nenas entre os 6 e os 12 anos. Ao longo de varios días de Nadal practícase voleibol, balonmán, baloncesto, fútbol sala, tiro con arco, tenis de mesa, natación e padle. A mediados de mes concretamente o domingo 18 celébrase o Adolfo Ros de atletismo, volta á Ría. “Creo que vai ser un éxito polo proceso de inscrición con máis de 600 deportistas apuntados entre a carreira absoluta e as carreiras de base” apúntanos a edíl-delegada de deportes. Natalia Hermida explícanos os cambios que se produciron nesta edición do Adolfo Ros, onde se suprimiron os premios en metálico por cuestións de cadrar os orzamentos e tendo en conta que, básicamente, eses premios os levaban atletas profesionais e non precisamente da nosa Comarca. “Fixemos unha seria de modificacións como potenciar a participación popular na carreira e por iso recortamos os premios en metálico” recalca a concelleira. “Agora temos una inscrición más realista cos nosos deportistas y penso que a carreira será un éxito dado o número de xente que se apuntou e tendo en conta que a carreira coincide no calendario con outros eventos deportivos” confesa Natalia Hermida.
A responsable de deportes de Narón apúntanos o momento difícil que vivimos, económicamente falando. “Estamos nun momento delicado para os Concellos. Agora a prioridade é manter os servizos básicos e potenciar e moito a imaxinación. Durante o 2011 non baixou moito o orzamento municipal adicado aos deportes pero veñen dous anos moi difíciles”, avisa a concelleira. “Haberá que prescindir de moitas cousas como trofeos e haberá que centrarse en manter a actividade diaria . A nosa prioridade serán os servizos sociais. Baixaremos as subencións aos equipos de élite pero intentaremos manter a base, o deporte popular e todas aquelas asociacións que realizan un importante labor social e deportivo” explica Natalia Hermida. De todas formas a edil quere exponer unha mensaxe de optimismo e de motivación para todos aqueles deportistas de Narón. “Hai que seguir traballando e esforzándose para sair adiante e para progresar deportivamente”. Natalia Hermida desexa o mellor dos anos para todos os deportistas de Narón.
+ 0
+ 0
Tener relación con el tema de la noticia
No faltar al respeto a nadie
No emplear expresiones malsonantes o descalificativas
En el caso de que no cumplas estos puntos, el administrador se reserva el derecho a borrar total o parcialmente tu comentario. Tu eres responsable de lo que escribas. No obstante, para prevenir futuros problemas legales este site almacena tu dirección IP.
Gracias. voltaaria.com
AVISO: Los comentarios no se publican inmediatamente, sino que tardan un breve intervalo de tiempo al ser revisados por personal de nuestra redacción.