Máis de 600 persoas se inscribiron na proba que este ano non terá premios en metálico para recobrar o seu carácter popular. A carreira comarcal partirá do polideportivo de A Gándara ás 11.00 horas deste domingo. A volta partirá do polideportivo de A Gándara en Narón para internarse en Ferrol pola avenida do Mar de Caranza. Despoís de dar a volta ao populoso barrio ferrolán, a carreira continuará por Telleiras y achegarase á rotonda de González-Llanos no barrio de Esteiro. Logo continuará pola avenida de Vigo, rúa Catalunya e Estrada de Castela ata Narón. A proba recorrerá o Concello de Narón pola Estrada de Castela ata a ponte de Xubia para internarse no veciño Concello de Neda. Despoís de percorrer este termo municipal pola estrada que comunica Neda con Fene, a proba chegará a Fene pola avenida de Conces, avenida de As Pias e cruzará a ría pola ponte de As Pias para volver ao polideportivo de A Gándara onde está instalada a meta.
Os Concelleiros/as de deportes de Narón, Neda, Fene e Ferrol xunto cos alcaldes destes municipios participarán na entrega de trofeos e agasallos ao remate da proba.
+ 0
+ 0
Tener relación con el tema de la noticia
No faltar al respeto a nadie
No emplear expresiones malsonantes o descalificativas
En el caso de que no cumplas estos puntos, el administrador se reserva el derecho a borrar total o parcialmente tu comentario. Tu eres responsable de lo que escribas. No obstante, para prevenir futuros problemas legales este site almacena tu dirección IP.
Gracias. voltaaria.com
AVISO: Los comentarios no se publican inmediatamente, sino que tardan un breve intervalo de tiempo al ser revisados por personal de nuestra redacción.