O Concello de Narón abriu onte o prazo de inscrición para matricularse no Curso de Socorrista Acuático Profesional organizado pola Fundación Universidade de A Coruña (a través do Grupo de Investigación en Actividades Acuáticas e Socorrismo da UDC) en colaboración co Padroado de Deportes do Concello de Narón.
Os interesados poden informarse e realizar a matrícula no Rexistro Xeral do Concello, ata o venres 10 de febreiro. A cota da mesma é de 500 euros, aínda que para o alumnado da Universidade da Coruña e para as persoas empadroadas no Concello de Narón a cota é de 340 euros. As clases darán comezo o 17 de febreiro de 2012 e rematarán o 1 de abril de 2012, impartíndose os fins de semana (venres pola tarde, e sábado e domingo mañá e tarde). A carga lectiva presencial é de 120 horas, e as prácticas realizaranse na piscina municipal de A Gándara e nas praias dos municipios de Ferrol e Valdoviño. Os contidos do curso son os seguintes: natación, primeiros auxilios, prevención de accidentes en instalacións acuáticas, rescate de accidentados no medio acuático, prevención de accidentes en espazos acuáticos naturais, e rescate de accidentados en espazos acuáticos naturais.
Para realizar o curso é imprescindible que o número de inscritos sexa como mínimo de 20 persoas.
+ 0
+ 0
Tener relación con el tema de la noticia
No faltar al respeto a nadie
No emplear expresiones malsonantes o descalificativas
En el caso de que no cumplas estos puntos, el administrador se reserva el derecho a borrar total o parcialmente tu comentario. Tu eres responsable de lo que escribas. No obstante, para prevenir futuros problemas legales este site almacena tu dirección IP.
Gracias. voltaaria.com
AVISO: Los comentarios no se publican inmediatamente, sino que tardan un breve intervalo de tiempo al ser revisados por personal de nuestra redacción.