O día 26 celébrase na Coruña este Campionato, concretamente no Pazo dos Deportes de Riazor.
Por parte do Club Atletismo Afflelou Narón tomarán parte nesta cita 4 atletas nas distintas categorías. Na cita xuvenil partirá Sara Jove nos 3.000 metros, por parte dos junior, Sergio Piñón (1.500 metros) e Rebeca Caneiro (400 metros), mentres que finalmente, no grupo de maior idade deste campionato (promesa), Aarón Soto tentará subir ao podio no lanzamento de peso. Por outra banda esta pasada fin de semana celebrouse o XLVII Campionato de España de Campo a Través por Clubs. Por parte do Club Atletismo Afflelou Narón, as mulleres, que competían na categoría cadete, remataron no posto 33 entre os clubs participantes, cunha puntuación final de 333 puntos. María Abeledo 79ª, conseguiu o mellor posto das nosas atletas, seguida de Inés Vázquez (98ª), Sara Guerrero (156ª), Sara Fernández (238ª) e Vanesa Cao (240ª). Por outro lado, o noso equipo de cross curto masculino remataba 35º, con Francisco Díaz entrando 98º, por diante de Jorge Rodríguez (143º), Diego Barreiro (160º), Santiago García (191º) e Daniel Martín (211º).
Na distancia de Cross Largo, os atletas do Otsu-Colibrí Guadalajara facíanse co título de campións de España en homes, seguidos do A.D. Marathon e do Atletismo Bikila. En categoría femenina o mellor equipo foi o Atletismo Santutxu, co A.D. Marathon repetindo o segundo posto dos homes e o F.C. Barcelona completando o podio. Na distancia de Cross Curto, o F.C Barcelona remataba primeiro en homes, sendo segundo o Universidad Oviedo e terceiro o Playas de Castellón, mentres que no apartado femenino as campionas eran as atletas do Piélagos Inelecma, seguidas do Oviedo At. e o Bidezabal Atletismo.
+ 0
+ 0
Tener relación con el tema de la noticia
No faltar al respeto a nadie
No emplear expresiones malsonantes o descalificativas
En el caso de que no cumplas estos puntos, el administrador se reserva el derecho a borrar total o parcialmente tu comentario. Tu eres responsable de lo que escribas. No obstante, para prevenir futuros problemas legales este site almacena tu dirección IP.
Gracias. voltaaria.com
AVISO: Los comentarios no se publican inmediatamente, sino que tardan un breve intervalo de tiempo al ser revisados por personal de nuestra redacción.